a memoria de tui (en Gallego)

carlos díaz martínez · edicións xerais

Ver Precio
Envío a todo Ecuador

Reseña del libro

memoria de tui, un libro que recolle a memoria gráfica da cidade fronteiriza no primeiro tercio do século xx.volume preparado por carlos díaz martínez, reproduce e cataloga oitenta e catro pezas gráficas, a maior parte delas tarxetas postais circuladas, e editadas, tamén na súa maioría, pola iniciativa de fotógrafos e establecementos tudenses como bazar hermida, salvador fernández (las colonias), f. baquero (de casa figuerola) e j. gándara; ademais doutras achegas tiradas do portfolio galicia, editado en 1904, que inclúe fotos do coruñés pedro ferrer e dos fotógrafos páramo e bugarín. outros fotógrafos que participan neste legado de memoria son os clásicos roisin e ksado.atopamos, tamén, os primeiros documentos gráficos editados de tui, datados a mediados do século xix, ilustracións de libros e da prensa “ilustrada” realizados mediante técnicas de augafortes ou de gravados en estereotipia. este é o caso do gravado de joseph skelton, unha fermosa paisaxe do miño entre tui e valença, publicada nun libro inglés en 1840, ou da vista da catedral, ou da ponte internacional, publicadas pola ilustración gallega y asturiana en 1879 e 1880, respectivamente, evocadoras daquel tui que fora unha das capitais do antigo reino de galicia e sé episcopal ata arestora.iniciamos o percorrido coa imaxe de “o gaiteiro de guillarei” (1903) e das vistas panorámicas da vila, da ponte internacional e do miño. continuamos cos gravados e fotografías da catedral e dos seus tesouros; coas instantáneas da vida cidadá na corredoira, no paseo de elduayen, na glorieta e na alameda, na praza da inmaculada; nos arrabalde de san domingos e da canicouba. o volume complétase, nas súas páxinas finais, con postais do río louro, e dos muíños e do traballo aldeán de caldelas de tui.o material gráfico de a memoria de tui vai precedido por unha evocación literaria da vila, preparada por roque cameselle. un texto rico e moi documentado que constitúe unha viaxe paralela pola memoria da cidade.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes