a miña man na túa (en Gallego)

mariasun landa · edicións xerais

Ver Precio
Envío a todo Ecuador

Reseña del libro

o protagonista e narrador desta novela é xabi, un rapaz na idade da preadolescencia. un día decide fuxir da súa casa e vai refuxiarse nunha cabana do monte, só coñecida por el e mailo seu amigo antón. alí, na cabana, ponse a escribí-los seus pensamentos, e deste xeito, podemos coñece-la súa historia.así, sabemos que xabi vivía só coa súa nai. o seu pai morrera nun accidente, cando el aínda non nacera.un día descobre que a súa nai está namorada de novo. o mozo é carlos, un profesor, e xabi non o pode nin ver. como a nai segue adiante co noivado, o rapaz non o dá aturado máis e foxe da casa.a través do que xabi escribe, imos coñecendo outras cousas importantes da súa vida: a profunda amizade con antón, un rapaz entusiasta da natureza; o seu cariño por sabela, unha compañeira de clase que lle gusta moito; a simpatía que sente por irene, namorada dun home que morrera asasinado...o relato remata na madrugada, despois de que xabi pasase a súa primeira noite só, na cabana do monte. nese momento, con fame e frio, desexaría sentirse preto da súa nai, como cando era máis pequeno; pero tamén sabe que, dalgún xeito, as causas xa nunca poderán volver ser como eran e el terá que afrontar unha nova etapa na súa vida.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes