buguina namorada (en Gallego)

n alfaya maría xesús ferrín iglesias · edicións xerais

Ver Precio
Envío a todo Ecuador

Reseña del libro

an alfaya presenta neste libro singular, ilustrado por chus ferrín, a historia dunha cuncha de nácara afundida no areal da illa do esquecemento, un anaco de terra virxe perdido na inmensidade do océano ausente. a metade do seu corpo vivía entre os pequenos grans de rocha esparexidos pola praia, e a outra albiscaba a liña do horizonte, ao lonxe coma unha raíña sentada nun trono privilexiado. unha madrugada desatouse unha batalla entolecida, provocada polo tornado augavento, entre un navío e as ondas. tras o naufraxio, buguina agardaba a presencia dalgún supervivente, botaba en falta a presencia de alguén que a arrincase da area, permitindo que a parte inferior da súa cuncha recibise o bico do sol, agardaba a alguén que arrimase os seus beizos á porta aberta do seu corpo de nácara e soprase polo seu funil convertido en bucina, e servise de alerta aos navegantes que cruzan a inmensidade do océano ausente.buguina namorada é un fermoso texto narrativo, enchido de referencias a mitoloxía clásica do mar, onde an alfaya aborda o encontro entre unha buguina e un náufrago: dúas soidades na illa do esquecemento das que, despois de pelexar pola vida, agroma a estrela da esperanza. unha narración mitolóxica dirixida a públicos de todas as idades.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes