tal vez máis imposible que unha historia da voz humana, esta escolma é un risco, pero tamén un xogo. as cartas boca arriba, sen marcar, ou, mellor aínda, un taboleiro de damas dispostas para a loita. brancas e negras no mesmo dameiro. mulleres que, podendo devorarse unhas ás outras, optaron por quedar, á fin, en táboas. aquí tedes a partida detida precisamente no momento da decisión.