o camiño de fisterra (en Gallego)

fernando alonso romero · edicións xerais

Ver Precio
Envío a todo Ecuador

Reseña del libro

bordón, sombreiro de ás anchas, zurrón de pel de cervo, cabaza para a bebida e cuncha ó peíto, os peregrinos xacobeos adoitaban proseguir a súa viaxe trala vía láctea, polo antigo camiño real, na procura fascinante da temible fin do mundo, a fisterra atlántica onde todo remataba.era o camiño que conducía ó punto máis extremo do mundo occidental, alí onde se cruza a tradición pagana coas crenzas dos primeiros monxes cristiáns. o éncontro animista presente en san andrés de teixido e a fantasía do home que quere descubrir como o sol cae ó mar e ó lume que xorde da auga. o espírito, entre curioso, aventureiro e piadoso do peregrino medieval, que uníversalizou as terras de galicia e compostela coa súa tradición oral e a súa cultura e que levou o nome desta terra polo mundo adiante. e ata hoxe, o camiño de fisterra perdurou no espacio e na memoria.o camiño de fisterra é a crónica da reconstrucción deste percorrido. o autor, fernando alonso romero, profesor da universidade de santiago e especialista en etnografía e arqueoloxía naval; esculcóu nas razóns máis fondas que levaban ós peregrinos nesta percura do fin do mundo. o encontro co aventura humána, a procura de novos horizontes, a ilusión de seguí-lo sendeiro da vía láctea, pola rota do sol que conduce ata fisterra.fernando alonso propón ó lector, tamén o camiñante, un itinerario que reconstruíu, dividido en catro xornadas ou tramos para realizar a pé. itinerario que transcorre desde santiago, roxos, augapesada, negreira, zas, maroñas, hospital, cee, corcubión ata fisterra.un libro multilinüe, que ademais da galega, inclúe versións completas en castelán e inglés, complementado coas fotografías da autoría de xoán vilar cardona. un fermoso libro para ler e camiñar na procura do fin do mundo.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes