O Fenomeno Humano

Teilhard De Chardin P. · Servizo De Publicacións E Intercambio Científico Da Usc

Ver Precio
Envío a todo Ecuador

Reseña del libro

Le phenomene humain (1955), texto seminal do paleontologo, filosofo e teologo xesuita Pierre Teilhard de Chardin, e unha obra mestra da ciencia e da filosofia que explora a evolucion do cosmos e do ser humano desde unha perspectiva unica e fascinante e desenvolve unha proposta provocadora da evolucion, na que o ser humano e a culminacion actual, pero non o destino final. Redactada entre xuño de 1938 e xuño de 1940, O fenomeno humanoadeixou unha pegada perdurable no pensamento contemporaneo, desafiando moitas conviccions e ofrecendo unha vision profunda e esperanzadora da humanidade no universo. Malia ter sido influida polos avances cientificos e os debates filosoficos da epoca, os conceptos que propon seguen sendo plenamente relevantes na actualidade. O tempo achegou capas de silencio sobre o pensamento de Teilhard de Chardin pero, tal vez por iso, enfrontar hoxe a sua obra resulte estimulante e revelador na medida en que a sua proposta cientifica obriga a revisar certos dogmas da evolucion. Tamen, e non e menos importante, porque esta poposta inclue o nesgo dunha orientacion preocupada por honrar tanto a razon como a fe.

Opiniones del Libro

Opiniones sobre Buscalibre

Ver más opiniones de clientes