Reseña del libro "Cantigueiro de Compostela (en Gallego)"
O cancioneiro popular galego e unha creacion colectiva, oral e normalmente anonima. Un dos alicerces da nosa Cultura con maiusculas, pois todo e cultura, malia que alguns diletantes ainda queiran poñer por enriba o creado en soidade sobre unha escribania que as creacions do pobo entre cantos, viños e danzas. Esta recompilacion e froito tamen dunha obra colectiva. Os escolmadores beberon dos estudosos e recompiladores que os precederon, comezando polo padre Sarmiento no seculo XVIII e rematando con Dorothe Schubarth e Anton Santamarina no seculo XX, pasando por Saco e Arce e Domingo Blanco. Foron eles, co seu traballo e esforzo, quen nos permitiron coñecer estas cantigas transmitidas xeracion tras xeracion, case sempre por mulleres, que, doutro xeito, estarian perdidas para sempre no remol do tempo. Este Cantigueiro de Compostela esta conformado por dous grupos ben diferentes de cantigas: por unha banda as recollidas en Santiago de Compostela, especialmente no lugar de Folgoso, na parroquia de Santa Maria de Figueiras, e, pola outra, aquelas onde se menciona a cidade, o seu santo, os seus mosteiros, de San Martiño a San Francisco, e algunhas das ruas mais senlleiras, do Vilar a Caldereria, ou lugares, como Conxo e o Pico Sacro, o monte Illicinus do Codice calixtino, desde onde os peregrinos ven por vez primeira as ansiadas torres da catedral. Quen hoxe paseamos e volvemos pasear polas suas ruas lousadas quedamos prendidos de Santiago, como o fixeron quen moito antes nos precederon e o cantaron, como demostran o monllo de cantigas que seguen.