Reseña del libro "Lonxe de nós e Dentro e Outras Páxinas (en Gallego)"
Coa celebracion do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espirito innovador que demostrou nas suas publicacions dende 1950, traendo ao lectorado de hoxe moitas destas obras que supuxeron unha renovacion do mundo cultural galego e, por extension, tamen da sua sociedade, grazas a Biblioteca 75 anos.O novo volume desta coleccion conmemorativa e Lonxe de nos e dentro e outras paxinas, de Camilo Gonsar, con introducion da escritora Antia Yañez.Saida do prelo na coleccion Illa Nova de Editorial Galaxia en 1961, tratase do debut dun autor clave dentro do proceso modernizador das letras galegas contemporaneas. Son, os relatos que compoñen esta obra, fondamente disruptivos coa tradicion anterior. O fantastico e marabilloso esvaecen, e batemos cun realismo que acredita o baleiro da cotiandade nas grandes cidades, o absurdo da existencia e a alienacion inherente a toda experiencia migratoria.Di o propio, Gonsar no limiar a segunda edicion en 1985: ao reler os contos de Lonxe de nos e dentro, escritos a finais dos anos cincuenta, sorprendeume un feito ben sabido, pero que non se adoita medir en todo o seu alcance: a profundidade do cambio social que tivo lugar en trinta anos mais ou menos. Pasaron xa outros 40 anos desta edicion e o cambio social multiplicouse de xeito exponencial, mais hai algo que non mudou, a extraordinaria calidade literaria destes relatos. Pasen e gocen de Gonsar en todo o seu esplendor.