Reseña del libro "lume de biqueira (en Gallego)"
vigo de galicia, días de outono do ano 2001. o neto de anxo vilariño enríquez agradece a memoria do avó, incondicional afeccionado, socio soñador dun celta galego e campión. o rapaz escoita, en necesarias horas de garda e de terapia para o ancián, a grande novela histórica, utópica do fútbol galego.
«bobi» vilanova castro era o máis novo. acababa de se incorporar, con a penas dezanove anos, ó primeiro equipo do celta de vigo, que dirixía o severo adestrador alemán lav zilay, un vello triunfador do fútbol europeo que obtivera dous subcampionatos da uefa, finalista na recopa, o escudeto italiano e tres clasificacións nos mundiais. daquela o celta formaba con domínguez, na portería; pretinha, –o lateral dereito que chegara do botafogo, unha marabilla como carrileiro-, gaula, rodri e garcés na defensa; outes –o medio centro incansable, recuperador de balóns incribles, oriúndo de lleida con raíces galegas-, kristopher –o internacional dinamarqués–, kaisser e manríquez na media; e djuva –a estrela do equipo, o goleador esloveno, o señor da área, o dianteiro listo e cazador dos despistes– e rodobam na dianteira. un equipo que o presidente santaló preparara a golpe de talonario para participar nas competicións europeas. bobi dera un chimpo sorprendente dende a terceira á primeira división da liga de fútbol profesional; el, soamente el representaba á canteira dos campos da madroa e de coia. bobi andaba fino, era listo coma un allo, roubaba, servía, tocaba con aquel xeito seu, ó pé acariñando a pelota, era un estilista. o responsable do seu ascenso, xaime barreiro, o humilde adestrador dos equipos xuvenís de base, díxolle ao seu «neniño de diamante», camiño da entrevista co presidente: bobi, acórdate, paseniño e con humildade, non deixes que che suban os goles á cabeza».