Compartir
manual de ciencias da linguaxe (en Gallego)
Fernando Ramallo
(Autor)
·
edicións xerais
· Libro Físico
manual de ciencias da linguaxe (en Gallego) - fernando fernández ramallo
Libro UsadoBuen Estado
Importado
Envío: 14 a 20 días háb.
$ 23.33
Costos de importación incluídos en el precio ✅
Reseña del libro "manual de ciencias da linguaxe (en Gallego)"
este manual de ciencias da linguaxe é o resultado dun proxecto entusiasta: publicar en galego un texto comprehensivo sobre a linguaxe. a diversidade temática tratada polos respectivos especialistas ó longo de quince capítulos (desde a orixe da linguaxe na especie humana ou a zoosemiótica ata a fonética e fonoloxía, pasando pola psicolingüística ou a antropoloxía lingüística) favorece unha visión plural dos fenómenos lingüísticos, de tal xeito que este libro pode ser do interese do conxunto de profesionais da linguaxe, sexa cal sexa o seu labor concreto, pero constitúese, sobre todo, como un excelente material de traballo para alumnos e profesores das universidades galegas.
manual de ciencias da linguaxe inclúe unha serie complexa de materiais, con vistas a facilitar a súa explotación didáctica: cada un dos quince capítulos posúe unha batería de exercicios prácticos, un listado de lecturas comentadas e mais unha bibliografía introductoria nas páxinas iniciais: manuais de lingüística xeral, diccionarios, enciclopedias, selección de revistas, etc. na parte final do libro, o lector atopará un extenso glosario, índices analíticos, de autores e de linguas.
os autores pretenden que este volume estimule a reflexión e o debate entre tódolos estudiosos da lingua e a lingüística galegas e contribúa a un aínda maior desenvolvemento dunha disciplina que asiste a unha particular expansión nos últimos tempos. porque o seu enriquecimento e a ampliación das súas miras han redundar tamén na expansión e dinamización da propia lingua galega.
- 0% (0)
- 0% (0)
- 0% (0)
- 0% (0)
- 0% (0)
Todos los libros de nuestro catálogo son Originales.
El libro está escrito en Gallego.
✓ Producto agregado correctamente al carro, Ir a Pagar.