A Man Dos Painos / Hand Panels (Edicion Literaria) (Galician Edition) (en Gallego)
Reseña del libro "A Man Dos Painos / Hand Panels (Edicion Literaria) (Galician Edition) (en Gallego)"
último Rivas supón unha aposta singular na narrativa contemporánea. Enfía un longo relato de ficción («A man dos paíños»), un relato fotográfico («O álbum furtivo»), e un relato xornalístico («Os náufragos»). Tres xeitos de mirada, tres maneiras de contar, que nos achegan a un mundo onde o máxico é a publicidade comercial, a vida soa como un golpe no billar, e o berce e o ataúde son arrolados pola tempestade. Unha maneira perturbadora de definir Galicia sería falar dun país productor de emigrantes e náufragos. Eles son os protagonistas de A man dos paíños, os heroes correntes dunha identidade solapada, ocultada a cotío por mor dos virus que borran a memoria. Emigración e naufraxio son experiencias que nos levan a un espacio fronteirizo, de loita pola supervivencia e tamén de renacer. Esa xeografía emocional, entre o apego e a perda, é onde mellor se recoñece hoxe a condición humana. E este é tamén o territorio límite onde se sitúa A man dos paíños. Esta obra supón unha aposta singular na narrativa contemporánea. Enfía un longo relato de ficción («A man dos paíños»), un relato fotográfico («O álbum furtivo»), e un relato xornalístico («Os náufragos»). Tres xeitos de mirada, tres maneiras de contar, que nos achegan a un mundo onde o máxico é a publicidade comercial, a vida soa como un golpe no billar, e o berce e o ataúde son arrolados pola tempestade.Manuel Rivas (A Coruña, 1957) é escritor e xornalista. Colaborador en diversos medios de prensa, radio e televisión, recolleu a súa obra poética na antoloxía O pobo da noite (Xerais, 1996). Como narrador publicou: Un millón de vacas (Xerais, 1989), Os comedores de patacas (Xerais, 1991), En salvaxe compaña (Xerais, 1993), ¿Qué me queres amor? (1996, Premio Torrente Ballester e Premio Nacional de Narrativa), Ela, maldita alma (1999). A súa última novela, O lapis do carpinteiro, editada por Xerais en 1998 obtivo a acollida entusiasta do público con máis de 50.000 exemplares vendidos en lingua galega, o recoñecemento unánime da crítica (Premio da Crítica Española, Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega e Premio Arcebispo Xoán de San Clemente), sendo xa traducida, polas editoriais máis prestixiosas, a catorce linguas. Manuel Rivas recolleu a súa obra xornalística en lingua galega nos volumes T