Reseña del libro "Cavilacións (en Gallego)"
"Xa publicara o noso autor, no ano 2006, Aconteceres, o seu primer libro, volume, en efecto, de título cronístico. O presente libro, malia o título, Cavilacións, é, no esencial, un libro de aconteceres suscitan unha cavilación, unha reflexión, pero, ó meu ver, a améndoa dunha boa parte destes 55 capítulos está no relato dun feito, algúns deles moi vencellados á antropoloxía cultural das terras matrias do autor e outros referidos a persoas moi importantes da cultura letrada de Galicia coas que Bieito Ledo tivo algún tipo de relación, non só beneficiosa para el: de Ramón Piñeiro a Agustín Sixto Seco, de Ben-Cho-Shey a Laxeiro, de Francisco Fernández del Riego a Carlos Casares, de Álvaro Cunqueiro a Xohana Torres, de Eduardo Blanco-Amor a Fermín Penzol ou Domingo García-Sabell... Unha emoción moi especial transmiten as páxinas nas que o noso autor se refire á aldea de Padroso, o seu berce, a súa matria e o paraíso no que, desde hai anos, se refuxia para acougar sen deixar de cavilar".